| CONDICIÓNS
XERAIS PARA O USUARIO WWW.LAVACACONNIE.COM
LER ATENTAMENTE ESTAS CONDICIÓNS XERAIS
ANTES DE PREME-LO BOTÓN DE ACEPTACIÓN
www.lavacaconnie.com é un dominio de Internet, que o seu propietario
é a sociedade mercantil NEPTUNO FILMS PRODUCTION, S.L. con domicilio
social na cidade de Terrassa (España), rúa Sant Sebastià,
164, 2ª, 2º, código postal 08223, provista de C.I.F.
nº B-59859827, e rexistrada no Rexistro Mercantil de Barcelona, Tomo
21.219, Folio 45, Folla B-18.760, Inscrición 1ª (en adiante
NEPTUNO FILMS PRODUCTION).
O obxectivo de NEPTUNO
FILMS PRODUCTION coa presente páxina web é o de ofrecer
unha páxina interactiva, con xogos, contos e outros entretementos,
destinada a nenos e rapaces de 1 a 5 anos de idade, que ten como personaxe
principal “A Vaca Connie” da serie de debuxos animados co
mesmo nome. No lugar web www.lavacaconnie.com, todo o contido fai referencia
á citada serie de animación para nenos. Outra das actividades
previstas a www.lavacaconnie.com están pensadas para que os pais
e os nenos poidan tomar parte.
1.-) CONDICIÓNS
XERAIS E A SÚA ACEPTACIÓN:
Estas Condicións Xerais regulan o funcionamento e os contidos do
servicio do sitio web www.lavacaconnie.com que NEPTUNO FILMS PRODUCTION
pon a disposición dos usuarios. A utilización do sitio web
www.lavacaconnie.com e do seu contido atribúe a condición
de usuario, e supón a aceptación plena e sen reservas do
usuario de todas e cada unha das Condicións Xerais. Se o usuario
non está de acordo coas Condicións Xerais, non terá
dereito a utilizar o sitio www.lavacaconnie.com nin tampouco ningún
dos seus contidos - Xogos (Parellas, Coincidencias, Crebacabezas, a Granxa);
Contos (A casiña, O bosque, O cume, O bosque 2, O río, A
noite); Aprender cos Pais (Pintar, Recortar e Pegar, Recoñecer
Letras e Números, Formar Palabras).
Así mesmo,
a utilización polo usuario dos servicios de NEPTUNO FILMS PRODUCTION
presupón a aceptación das presentes Condicións Xerais.
2.-)
ACCESO E USO DO SITIO WEB É GRATIS
A prestación dos diversos servicios do sitio web www.lavacaconnie.com
por parte de NEPTUNO FILMS PRODUCTION ten carácter totalmente gratuíto.
3.-)
MODIFICACIÓN DO SITIO WEB OU DOS SERVICIOS
NEPTUNO FILMS PRODUCTION resérvase o dereito a modificar unilateralmente
e en calquera momento, sen previo aviso, a presentación ou configuración
e contido do sitio web, así como dos servicios e das Condicións
Xerais. Ditas modificacións serán para mellorar os servicios
ó usuario.
4.-)
USO CORRECTO DO SITIO WEB E DOS SERVICIOS
O usuario comprométese a utilizar o sitio web, os seus contidos
e os seus servicios de conformidade coa lei e as presentes Condicións
Xerais, os bos costumes e a orde pública. Da mesma maneira o usuario
obrígase a non utilizar o sitio web e os servicios que se ofrecen
con fins ou efectos ilícitos, contrarios ó contido destas
Condicións Xerais, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros,
ou que de calquera forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar ou deteriorar
o sitio web ou os servicios ou impedir a normal utilización ou
deleite do sitio web por outros usuarios.
O usuario deberá
absterse de obter informacións, mensaxes, gráficos, debuxos,
arquivos de son e/ou imaxe, música, diálogos, animación,
cromatismo, fotografías, gravacións, software e, en xeral,
calquera clase de material accesible a través do sitio web ou dos
servicios, empregando para isto medios distintos dos que puxeran á
súa disposición, ou en xeral, dos que se empreguen habitualmente
en Internet e usos distintos ós expresamente autorizados.
O usuario deberá
absterse de facilitar datos propios, identificativos propios que non permitan
unha correcta identificación.
O usuario deberá
absterse de manipular os dispositivos técnicos de protección
de contidos ou de información, e en xeral de configuración
do espacio web www.lavacaconnie.com.
NEPTUNO FILMS PRODUCTION
resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso á páxina
web www.lavacaconnie.com, en calquera momento e sen necesidade de aviso
previo a aqueles usuarios que incumpran estas Condicións Xerais
de contratación que resulten da aplicación en cada momento.
5.-) LIMITACIÓN
DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADES
NEPTUNO FILMS PRODUCTION non controla nin garante a ausencia de virus
nin doutros elementos nos contidos que poidan producir alteracións
no seu sistema informático (software/hardware) ou nos documentos
electrónicos e ficheiros almacenados no seu sistema informático.
NEPTUNO FILMS PRODUCTION exclúe calquera responsabilidade polos
danos e perxuízos de toda natureza que poidan deberse á
presencia de virus ou á presencia doutros elementos nos contidos
que poidan producir alteracións no seu sistema informático,
documentos electrónicos ou ficheiros dos usuarios.
NEPTUNO FILMS PRODUCTION
fará o posible para garantir a seguridade da información
que sexa facilitada polos usuarios. Non obstante, non pode garantir que
as transmisións de información sexan totalmente seguras.
Sen perxuízo
dos niveis de seguridade de protección de datos de carácter
persoal legalmente requiridos, a instalación de todos os medios
e medidas técnicas ó seu alcance para evitar a perda, mal
uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos facilitados,
o usuario sabe e coñece que a seguridade no entorno de Internet
non pode ser garantida na súa totalidade.
NEPTUNO FILMS PRODUCTION
exclúe calquera responsabilidade polos danos e perxuízos
de toda natureza que poidan deberse á falta de veracidade, exactitude,
exhaustividade e/ou actualidade dos contidos do sitio web www.lavacaconnie.com.
6.-) DEREITOS
DE AUTOR, PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL
Todos os contidos do sitio web www.lavacaconnie.com son de propiedade
exclusiva e mundial de NEPTUNO FILMS PRODUCTION incluíndo, sen
limitación, deseño gráfico, logos, imaxes, textos,
diálogos, argumentos dos contos, xogos, ilustracións, animación,
música, sons, marcas e outros signos distintivos, en calquera das
linguaxes de programación utilizados ou utilizables, así
como todo o software de funcionamento e desenrolo do sitio web. A reproducción,
distribución, comunicación ó público, cesión
e calquera outro acto ou modalidade de explotación que non haxa
sido expresamente autorizado polo titular dos dereitos de explotación
quedan expresamente prohibidos.
NEPTUNO FILMS PRODUCTION
non concede ningunha licencia ou autorización de uso de ningunha
clase sobre os seus dereitos de propiedade intelectual e industrial ou
sobre calquera outra propiedade ou dereito relacionado coa páxina
web, e os servicios ofrecidos.
Todas as marcas e
denominacións de servicios que aparecen no sitio web www.lavacaconnie.com
son marcas rexistradas e de propiedade de NEPTUNO FILMS PRODUCTION. O
resto de signos distintivos son signos licenciados previamente polos seus
titulares lexítimos a NEPTUNO FILMS PRODUCTION.
.
8.-)
LINKS
O sitio web www.lavacaconnie.com pon a miúdo a disposición
do usuario dispositivos técnicos de enlace (links, banners,...),
directorios e ferramentas de busca que permiten acceder a sitios web pertencentes
e/ou xestionados por terceiros. NEPTUNO FILMS PRODUCTION non ofrece nin
comercializa por si nin por medio de terceiros os servicios dispoñibles
nos sitios enlazados, nin controla, exerce vixilancia ou aproba os productos,
servicios, contidos, información, datos, arquivos, e calquera outra
clase de material neses sitios enlazados.
Por conseguinte, NEPTUNO
FILMS PRODUCTION declina calquera responsabilidade respecto á información
que encontre fóra deste sitio web e non xestionada por www.lavacaconnie.com.
A función dos enlaces que aparece é exclusivamente para
informar o usuario da existencia doutras fontes de información
sobre a materia en Internet, onde poderá ampliar os datos ofrecidos
neste sitio web. Ditos enlaces non supoñen unha suxestión,
invitación ou recomendación para a visita dos lugares de
destino, e por isto, NEPTUNO FILMS PRODUCTION non será responsable
do resultado obtido de ditos enlaces hipertextuais.
9.-)
LEI E XURISDICCIÓN
As presentes Condicións Xerais, así como calquera relación
entre vostede como usuario e NEPTUNO FILMS PRODUCTION, rexeránse
pola lexislación española.
Para calquera cuestión
litixiosa derivada da existencia ou contido destas condicións xerais
ou das relacións entre o usuario e NEPTUNO FILMS PRODUCTION ambas
partes, con renuncia expresa a calquera outro foro que lles puidera corresponder,
sométense á xurisdicción e competencia exclusiva
dos Xulgados e Tribunais da Cidade de Terrassa.
LIN E ACEPTEI AS MENCIONADAS CONDICIÓNS XERAIS DE USO DO
SITIO WEB WWW.LAVACACONNIE.COM
|